hai 4 meses

Oito novos vídeos na web, feitos por mulleres de Carballedo e de Monteporreiro

hai 4 meses

Temos tres novas historias, procedentes do concello de Valga

hai 5 meses

Os nosos vídeos foron vistos xa máis de 30.000 veces en tres meses!

hai 5 meses

Achégamonos ás 30.000 reproduccións das nosas videomontaxes!

hai 6 meses

O conxunto dos nosos vídeos foron vistos xa en máis de 25.000 ocasións en dous meses!

Memoria de muller

María Romero Castrillón

Ama de casa xubilada, 78 anos / San Sadurniño

O que máis marcou a vida de María Romero foi a Guerra Civil. Ela era unha nena e, anos despois, a vida non lle deu respiro ata hai uns anos, cando comezou a vivir realmente.

Os anos da guerra

Creado por María Romero Castrillón en San Sadurniño | Visto 990 veces
Etiquetado como: escola, familia, infancia, Brasil, Guerra Civil, posguerra, Ferrol, guerra
Os rapaces da aldeaAs mozas todas xuntasO carro dos boisEu de mozaCo meu fillo ao pé do hórreoCoas amigas, de excursión

Tiña cinco anos cando estalou a guerra. A primeira cousa que sentimos foi un bombardeo tremendo, e avións polo aire, que nunca tal vira. Asusteime tanto que recordo moi ben aquel día. A profesora mandounos para a casa e encontrei a manifestación pola estrada, viñan todos os da Bazán, que ían cantando unha canción que aínda recordo hoxe:

No queremos una reina puta,

ni tampoco un rey Borbón

queremos un buen presidente

que gobierne mejor la nación.

Vivín uns días moi asustada. Era pequeniña, pero tiña que seguir indo á escola, e como tiña que ir soa miña nai facíame a roupa de cor vermella, así víame ao lonxe. Quedaba a comer na casa da profesora e pola tarde miña mai pendente de min.

Ao pouco tempo estalou o polvorín de Ferrol, outro susto. Recordo que os familiares e amistades que tiñamos en Ferrol apareceron todos na casa. Non había sitio para todos, os maiores durmían polo chan e para comer non se cabía en ningún sitio.

Teño moitos recordos daquela época. Non se podía abrir a boca, ías presa por nada. Se vías os escapados, non podías dicir que os viches. Recordo que un veciño encontrou no medio dunha bouza, da súa propiedade, o escondite dos escapados. Decidiu contarllo á Garda Civil e esa mesma noite os escapados chamaron a todos os veciños, incluídos os rapaces e o fillo do señor que os denunciou, e déronlle dous tiros. Miña tía, ao sentir os tiros e como lle viñeron buscar ao fillo, deulle un ataque de nervios, que tiña a cabeza virada cara atrás case de todo. E foi a Garda Civil, que estaba alí ao lado, a que lle deu os primeiros auxilios.

Eran tempos complicados. Recordo tamén que ao lado da miña casa había unha familia moi pobriña e que tiñan moitos fillos. Miñas tías recolleron un de meses. Cando estalou a guerra tiña dezasete anos e chamárono que se incorporara e escapou para o monte, alí estivo trinta e dous meses. Cando podía viña á casa vernos. Matáronlle varios compañeiros e un día chéganos a noticia de que os mataran todos, entre eles Bollo, que así se chamaba. E claro, un desgusto tremendo. Pero pola noite apareceu Bollo na casa e miña nai caeu desmaiada e o único que quedou con vida foi el. E así pasaron un tempo escapado. Pero na vida hai persoas boas e malas, e un veciño denunciouno para cobrar duascentas míseras pesetas. E claro, levárano preso e un día tivo oportunidade e escapou. Tirouse ao mar, pero vírono e matárono no mar.

Pero despois disto vivín unha infancia bastante feliz, iso que non tiña nin un xoguete de ningunha clase. Buscabamos calquera cousa para xogar.

Tocoume vivir o tempo da miseria, pero ata os vinte anos fun moi feliz. Teño tres irmáns. Despois empezou outro capítulo da miña vida, casei e tiven dous fillos homes e empezóuseme a complicar a vida. Marchoume o marido para fóra, ao Brasil, e alí non tiña ningún valor a moeda. Estivo dez anos fóra e cando volveu complicáranse máis as cousas e separámonos. Paseino fatal, tiña só corenta anos e era como se se me acabara a vida.

Pero cando cheguei aos sesenta e cinco cambioume a vida totalmente. Os meus fillos xa estaban casados e situados. E eu empecei a vivir de novo. Apúntome a tódolas excursións e balnearios, cursos de manualidades, cursos de ordenadores, e agora, con 77 anos, ata que se me ocurriu recordar as miñas pegadas na Memoria de Muller.

Comentarios

Xunta de Galicia. Consellaría de Economía e Industria Rede de dinamización Fundación Calidade A navalla suíza